Site icon Crónica3.com A Mariña

O Toxiza Clube de Montaña acada bos resultados na Carreira Val das Fabas

IMG_83324 de outubro de 2015.- O Toxiza Clube de Montaña vén de publicar na súa páxina oficial de Facebook un comunicado para repasar o acontecido na Carreira Val das Fabas, co seguinte contido:

“Unha vez máis a manada dos lobos da Toxiza baixaron para atacar a unha das súas presas favoritas, os km. Foi unha tarde de deporte apaixoante con numeros nen@s e adultos percorrendo rúas e camiños de Lourenzá. O percorrido moi bonito tocando tramos de moita beleza e con unha “subidiña” que lle dá o toque de dureza que nos gusta que teñan as carreiras. Dar a noraboa as E.D Lourenzá pola organización e animalos a seguir nesta dirección. Todos os nosos corredores acadaron grandes resultados:

Verdina 6.500m:
45º Dario Perez 00:30:05
59º Daniel Perez 00:33:13
80º Miguel Paz 00:38:31

Galaica 13.000m:
6º Martín Pardiñas 00:49:53 (1º Clasificado local)
9º Siro Maseda 00:51:09
11º Xoan Rodriguez 00:52:11 (2º Clasificado VET-B)
42º Miguel Poyatos 00:59:47
43º Xavier Valoria 00:59:47
45º Miguel Mendez 01:00:47

Tamen destacar a actuación de Noe e Javi nas carreiras dos nen@s. Parece que temos bos retoños. NORABOA A TOD@S!!”

Exit mobile version