A delegación checa xa visitou a primeira hora deste luns a praia das Catedrais. Ás 11.00 horas estarán na empresa Recense en A Pontenova; ás 13.00 horas farán unha visita turística por esta localidade; xantarán en Ribadeo e xa pola tarde ás 16.30 horas visitarán a empresa Hermanos Rega en A Seara (Alfoz) e ás 18.00 horas chegarán a Mondoñedo para coñecer a cidade episcopal.
Este martes 13 de outubro visitará os IES María Sarmiento, en Viveiro e Perdouro, en Burela, o IES Foz e o Gamallo Fierros, en Ribadeo. Tamén nesta localidade achegaranse ata a Escola Oficial de Idiomas e á Escola Agraria Pedro Murias.
Esta viaxe enmárcase nos intercambios europeos nos que participan Apaga e centros de ensino doutros países. No pasado curso varios profesores, membros de Apaga, participaron en experiencias similares, a través do programa Aprender a aprender en la formación profesional, e viaxaron a Alemaña, Italia e a República Checa, onde visitaron centros de ensino, empresas, Concellos…
A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, que preside Álvaro Doural, é socio de acollida nesta visita chegada desde a República Checa.