Site icon Crónica3.com A Mariña

Os días 30 e 31 de outubro terá lugar en Ribadeo o tradicional mercado das flores

Ribadeo, 29 de outubro de 2015.- Este venres, e tamén o sábado día 31 de outubro, instalarase nas inmediacións da praza de abastos o tradicional mercado das flores con motivo das festividades de Todos Os Santos e Defuntos. Será, como en anos anteriores, en horario de mañá, segundo informa a Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio.

O mercado das flores, no que haberá uns 10 postos, coincidirá o sábado co dos produtos locais.

Exit mobile version