Site icon Crónica3.com A Mariña

Os equipos interesados en participar na Liga Prebenxamín de Fútbol Sala na Mariña 2015-16 poderán inscribirse ata o sábado, 31 de outubro

Burela, 27 de outubro de 2015.- Desde a Fundación Imdecum infórmase que un ano máis se pon en marcha a Liga Prebenxamin de Fútbol Sala da Mariña coa fin de que os máis pequenos teñan unha competición onde divertirse, pasalo ben e relacionarse con outros xogadores.

A continuación explícase o desenvolvemento da competición e que hai que facer para poder participar nela:

→a inscrición é gratuíta

→ a liga estará rexida pola Federación Galega de Fútbol Sala a través da súa Delegación en Lugo. Esta delegación será a encargada de designar os árbitros para os encontros.

→dividiremos a competición en Prebenxamin 1 (ano 2008) e Prebenxamin 2 (anos 2009-2010-2011). Os nen@s da categoría Prebenxamín 2 poderán participar na categoría Prebenxamín 1.

→ábrese un prazo de inscrición ata o sábado 31 de Outubro do 2015, día no que deben de estar confirmados tódolos equipos participantes. Unha vez teñamos tódolos equipos mandaremos os correspondentes calendarios da competición.

A competición comezará o fin de semana do 14-15 de Novembro ou 21-22 de Novembro, en función do número de equipos participantes.

Exit mobile version