Site icon Crónica3.com A Mariña

Os favoritos álzanse coas primeiras prazas da primeira tirada de bolos 15/16 en Xove

A falta de ritmo da primeira tirada da tempada, nun campo seco e un pouco irregular, provocaba que os xogadores de bolos de Xove acadaran uns tanteos por debaixo das súas posibilidades. Aínda así, excelente participación para ser a primeira tirada con 29 inscritos.

Liga Sénior Masculina
Vitoria clara de Álex Meitín, campión da tempada 2013/2014, que demostra que, se pode asistir regularmente ao campioanto -xa que é dianteiro na U.D. Xove-Lago-, será un dos principais candidatos ao título. Trátase dun xogador que comezaba a súa andaina neste deporte dende neno, tendo nos últimos anos unha progresión espectacular. Isto, sumado á súa gran envergadura -ten uns brazos moi longos- fai que as súas condicións para a práctica deste xogo sexan inmellorables.

A segunda posición foi para outro clásico deste deporte: José Manuel Cociña que, se ben non está no seu mellor momento físico, si mantén dende fai anos un nivel moi aceptable, manténdose só un escalón por debaixo dos grandes favoritos.

E, no terceiro posto, Francisco Pérez, outro xogador que sen dúbida vai contar para o podio final. Cuarto quedou outro dos grandes animadores, José Rafael González, que xa sumou os seus primeiros puntos na súa tentativa de mellorar o subcampionato da pasada tempada.

Liga Sénior Feminina
Poucos cambios nesta Liga onde o grupo gañador da pasada temporada segue mandando nesta. Xa dende o comezo marcan a diferenza co resto das participantes Belén Meitín, Carmen Roca e Salomé Cardoso. Un escalón máis baixo atópanse Salomé Bermúdez, Paula Campo e Concepción Piñeiro que tentarán, ao longo de toda a tempada, subir a algún deses escalóns de privilexio ocupados polas tres primeira citadas.

Destaca a participación nesta primeira tirada na categoría feminina porque, en Xove -igual que noutros lugares- o xogo dos bolos tradicionalmente foi de homes. Abrilo ás mulleres é un paso moi importante.

Liga Sub 16
Das recentes Xornadas de Promoción dos Bolos no IES Illa de Sarón esperamos captar algúns xogadores para esta Liga co fin de ir renovando e sumando sabia nova a este deporte para garantir o seu futuro.

Nesta primeira tirada houbo 3 novas incorporacións (2 rapaces e 1 rapaza) que nunca asistiran. Trataremos de que se queden e ir incorporando algún máis ao longo da tempada.

E, no que á competición se refire, o vixente campión comezou impoñéndose con absoluta claridade. Vai ser difícil que algún dos xogadores o poida inquietar, polo que é máis que seguro que repita vitoria. Estamos a falar de Daniel Alonso, que polo seu xogo e as súas condicións físicas, xa pode ir pensando en subir de categoría. Non nos cabe ningunha dúbida de que no seu nivel actual de xogo podería competir perfectamente cos grandes na categoría sénior.

A vindeira tirada vai ter lugar no CLUB PALMEIRO, o vindeiro sábado 10 de outubro de 2015.

CAMPIONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE  LAGO   (3 OUTUBRO   2015)

     29  INSCRITOS: 12  NA LIGA SENIOR,    8  NA LIGA SUB 16   E    9   NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION                               NOME TANTOS

PUNTOS

LIGA SENIOR

PRIMEIRO ALEX MEITÍN SERANTES

222

12

SEGUNDO JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA

198

10

TERCEIRO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ

192

8

CUARTO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ

187

7

QUINTO RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ

183

6

SEXTO JORDI MEITÍN SERANTES

181

5

SÉTIMO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA

157

4

OITAVO ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ

142

3

NOVENO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ

132

2

DÉCIMO JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO

128

1

MELLOR BOLADA JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ

66

1

LIGA SUB 16

PRIMEIRO DANIEL ALONSO LÓPEZ

179

6

SEGUNDO JUAN MANUEL FERRO SANTOS

134

4

TERCEIRO MIGUEL LÓPEZ FORMOSO

133

3

CUARTO JULIA LÓPEZ FORMOSO

114

2

QUINTO BRAIS BALMAYOR RODRÍGUEZ

82

1

MELLOR BOLADA MIGUEL LÓPEZ FORMOSO

56

1

LIGA FEMININA

PRIMEIRO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN

142

6

SEGUNDO BELÉN MEITÍN ROUCO

117

4

TERCEIRO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

113

3

CUARTO CARMEN ROCA CORRAL

101

2

QUINTO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ

96

1

PAULA CAMPO SUÁREZ

53

1

Exit mobile version