Site icon Crónica3.com A Mariña

Os populares consideran que “os presupostos da Xunta para 2016 para Burela son os mellores da historia”

Burela, a 24 de outubro de 2015.- O Grupo Municipal Popular (GMP) de Burela asegurou que “os presupostos da Xunta que preside Alberto Núñez Feijoo para 2016 no referido ó concello de Burela son os mellores da historia, tanto pola contía, 8.106.908’00€, como polo destino deses cartos, centrado en abordar os asuntos que realmente lle afectan ó noso Concello para sentar as bases do futuro da nosa vila”.

O GMP asegurou que “en 2016 rematarán as obras do acceso ó porto, xa que se consignan 2.940.428’00€; obras, por certo mui avanzadas, xa que o tren circula polo novo trazado. Agora ninguén dubida de que a obra se rematará”.
Igualmente, os populares “destacan a cifra de 1.819.479’00€ que servirá para adxudicar e comenzar as obras da ampliación do Hospital; deste xeito, o goberno de Núñez Feijoo atende e cumple unha demanda da sociedade burelesa e mariñá.”

A xuicio do PP burelés, “hai tres actuacións dentro dos presupostos da Xunta que destacan, non tanto polo seu importe dúas delas, senón porque se atenderán asuntos relevantes para o futuro do concello e da súa capacidade económica”.

“Por un lado, 50.000’00€ para elaborar o presuposto e comenzar os traballos para levar a cabo a segunda fase da millora da seguridade interios do porto de Burela. Como se sabe, hai tres meses rematou a prolongación do martelo que separa a zona comercial da pesqueira, que contou cun investimento de 483.000’00€. Agora atenderase a segunda fase, que consistirá na construcción dun martelo en diagonal desde ABSA hasta o martelo actual”, indican desde o GMP.

“Por outro, continúan os populares, e como froito das conversas mantidas con XESTUR polo goberno muncipal anterior, por primeira vez na historia da Xunta se consigna unha partida orzamentaria, 61.090’00€, para elaborar o documento de planeamento e posterior desenvolvemento para levar a cabo o parque empresarial do Perdouro, o que permitirá no seu día que se asenten empresas, se xenere emprego e con el riqueza, e que se asente poboación en Burela. E eso gracias a que a Xunta tén incluidas dentro do seu Plano Estratéxico de Solo Industrial de Galicia as dúas bolsas de solo industrial que aparecen no Plano Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Burela; PXOM elaborado e aprobado definitivamente polo goberno municipal do PP, polo que tamén por primeira vez na historia de Burela se recolle de forma ordenada e con seguridade xurídica solo industrial”.

O GMP indica que “a terceira actuación que se inclúe é a construcción da nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), debido ás xestións feitas polo anterior alcalde, González Barcia, ó longo do seu mandato, e que se materializan cunha dotación orzamentaria para 2016 de 2.598.055’00€, o que permitirá redactar o proxecto, licitar a obra, adxudicala e comenzala; con esta actuación, dase solución a un problema medioambiental orixinado pola EDAR actual”.

Segundo os populares bureleses, “ademáis do indicado, xa de por si importante, os presupostos da Xunta de Núñez Feijoo consignan actuacións da Xunta no Consorcio de auga Burela-Cervo, por importe de 415.150’00€, así como outra consignación de 155.126’00€ para cuestións referidas á nova escola infantil; nova escola infantil que non hai que esquecer dará praza pública a 41 nenos e nenas, permitirá crear postos de traballo e asentará poboación en Burela”.

“En definitiva, segundo o GMP, son uns presupostos que como indicamos sentan as bases dun futuro millor e con máis calidade de vida para a nosa vila: atende debidamente as demandas sanitarias, millorará sensiblemente a actividade económica do porto e da vila co acceso ó porto, senta as bases para a creación de emprego na zona de O Perdouro, resolve con visión de futuro cuestións medioambientáis, e aposta polos servicios sociais e a atención ás familias coa nova escola infantil”.

O GMP asegura que “nunca ningún goberno da Xunta apostou tan decididamente por Burela coma a Xunta que preside Núñez Feijoo, entendo as peticións formuladas e programando as actuacións e os cartos precisos para atendelas de forma progresiva. Por eso estamos satisfeitos, porque vemos que a Xunta de Núñez Feijoo cumple os seus compromisos con Burela”.

Finalmente, o anterior alcalde e actual portavoz do GMP, José María González Barcia, mostrou a súa “satisfacción como anterior alcalde e membro do anterior goberno local, e tamén como veciño: foi moito o traballo feito nos catro anos anteriores, non só por min, senón por todo o goberno que eu tiven a honra de encabezar. E foi así xa que nos esquecemos de festas e de lerias, e traballamos arreo para apostar polo futuro de Burela, polos asuntos realmente importantes para asentar ese futuro. Foron moitas as reunións e as viaxes, pero os resultados están máis ca demostrados cos presupostos da Xunta para 2016. Ninguén vén traer nada, hai que moverse para conseguir as cousas, e eso foi o que fixemos, e teño que recoñecer que ademáis fumos comprendidos e correspondidos polo presidente Núñez Feijoo e o seu goberno. Estou orgulloso do traballo feito”.

Exit mobile version