Fronte ao único punto dos laranxas, tras o empate con Santiago na xornada inaugural, A Estrada FS ocupa a quinta praza con 7 puntos, despois de empatar fronte a Pazos de Borbén (55-) e gañar a Casás (4-3) e Vilalba (3-5).
Burela FS 1-3 Ribeira FS
O cadro mariñán non puido sacar un resultado positivo na visita do potente Ribeira FS (1-3); o Burela FS B anotou nos pés de Dani Gigirey a falta de pouco máis dun minuto para o final, atacando con xogo de cinco. “Teño que darlles a noraboa aos xogadores polo grande esforzo, sobre todo na segunda parte” recoñecía satisfeito Juanma Marrube. “Chegamos ao descanso vivos, con 0-1 e con opcións de igualar no cinco para catro. Na segunda parte tivemos máis ocasións e xeramos máis xogo, pero precipitámonos moito; tivemos erros evitables e somos conscientes de que temos que corrixilos”, analizaba así o desenlace do encontro o técnico alfocego.