Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Foz esixen a modificación do tipo de gravame na Ordenanza Reguladora da taxa do IBI

O PSdeG-PSOE de Foz, a través do seu grupo municipal, presenta ante a Corporación Municipal unha moción pola que propoñen “modificar a porcentaxe ao 0,40 % como tipo de gravamen na Ordenanza Reguladora da taxa do IBI e solicitar a presenza no Concello de persoal do Catastro para respostar as informacións que os veciños demanden”.

Os socialistas recordan que “se leva producindo un aumento do 12% da valoración catastral, base para a liquidación de impostos , entre eles non só IBI (Imposto de bens Inmobles) se non tamén a Plusvalía Municipal ( Imposto Municipal sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana) , IRPF ( Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas), ISD ( Imposto sobre Sucesións e Donaións) entre outros , solicitada polo Sr Alcalde en 2013, 2014 e 2015, a aplicar os anos 2014, 2015 e 2016. Isto significa que en tres anos, a base sobre a que se liquidan estes impostos sube ata un 40%, e o IBI un 28%”.

Igualmente, destacan que “no ano 2104 fíxose unha Ponencia Parcial, solicitada unilateralmente polo Alcalde, en pleno proceso de redacción do Planeamento (PXOM). Ponencia cuxos valores entraron en vigor o 1 de xaneiro de 2015 e sobre os cales se liquida o imposto de bens inmobles. A estes valores hai que aplicarlles tamén a subida do 12% solicitada polo sr Alcalde. As contestacións recibidas as alegacións presentadas en 2014 son fundamentalmente desestimatorias, obrigando ós propietarios a seguir os trámites das reclamacións económico-administrativas, co conseguinte gasto. Sen que por elo se suspendera a entrada en vigor do valor que se discute, posto que se procede o cobro do IBI sobre o mesmo”.

Ademais, “a actual Regularización Catastral, da que están a chegar abundantes notificacións, supón un novo incremento no valor catastral e polo tanto un novo aumento do IBI que os veciños pagan ó Concello”.

Xa “no Pleno de novembro de 2014 esta Corporación, por maioría, aprobaba unha moción do grupo de concelleiros non adscritos (Ramón Sixto Legaspi, Ana I. Villarino Alonso, Enrique Cotarelo García e José Manuel Casabella Otero) onde se instaba a unha rebaixa na ordenanza reguladora da taxa de IBI (pasando do 0,6% a o 0,56%) e a día de hoxe non se fixo nada”.

José Francisco Ramalleira Fraga, portavoz do PSdeG-PSOE de Foz, recorda tamén que “a Corporación aprobaba por unanimidade, no mesmo Pleno, a moción presentada polo concelleiro, Xaime Cancio Rodriguez, onde se instaba á Delegación de Economía e Facenda de Lugo a desprazar un Técnico do Catastro ós efectos de informar ós veciños”.

Exit mobile version