Site icon Crónica3.com A Mariña

Óscar Buján, bronce no Campionato Mundial de Duatlon

bujan-3australiaÓscar Buján, que corre co Club Atletismo Lourenzá cando os seus comprmisos profesionais llo permiten, obtivo a medalla de bronce no Campionato Mundial de Duatlon.

A proba disputábase este sábado 17 de outubro na localidade australiana de Adelaida caracterizada pola súa rapidez “dende o inicio”. Buján lograba chegar segundo ao segmento de bici onde aguantaba a posición ata o quilómetro 14. Saía na sexta posición cara a segunda carreira onde nos últimos 800 metros se ve cuarto e apura os últimos folgos para adiantar ao terceiro e colarse no podio.

Exit mobile version