Site icon Crónica3.com A Mariña

Pasada das Cabras ascenderá ó Tres Vispos

A Asociación Pasada das Cabras de Burela, ten previsto facer o vindeiro sábado 10 de outubro a ruta “ASCENSIóN Ó TRES VISPOS” nos Ancares de 16 quilómetros e dificultade media. A saída será ás sete e cuarto da mañá da Estación de Autobuses de Burela. O prezo é de 15 euros para os socios e de 20 euros para os que non o son (incluíndo autobús e seguro). A comida será no medio da ruta e ten que levala cada un. Para participar é impresindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do xoves, 8 de outubro ás 20.00 horas.

Exit mobile version