Site icon Crónica3.com A Mariña

Patrimonio cataloga dous novos xacementos arqueolóxicos no municipio de Mondoñedo

menhir-toxizaMondoñedo, 01 de outubro de 2015.- Dende o Servizo de Arqueoloxía do Concello de Mondoñedo informan da aparición de dous novos restos arqueolóxicos no municipio.

A alcaldesa da localidade, Elena Candia, explica que a partir de traballos de investigación e prospección do servizo de arqueoloxía sobre o territorio mindoniense “localizáronse unha serie de elementos de interese arqueolóxico dentro do concello que foron comunicados á Dirección Xeral de Patrimonio”.

O Servizo de Arqueoloxía da Delegación lucense da Dirección Xeral de Patrimonio visitou os lugares, acompañado polos servizos locais, e procedeu á catalogación de dous novos xacementos dentro do concello. Un dos restos é menhir, un momento megalítico, de case tres metros de altura localizado nas proximidades do Pico da Toxiza. O outro xacemento parecer ser un Castra Aestiva, un campamento militar romano de campaña, atopado preto da parroquia de Estelo.

A popular engadiu que nos vindeiros días procederase á documentación detallada de cada un deles e á elaboración de proxectos de investigación relacionados cos mesmos, sobre todo no caso do campamento para tentar corroborar “o que a todas luces parece ser un novo vestixio romano en Mondoñedo”.

Exit mobile version