Site icon Crónica3.com A Mariña

Peche das inscricións para o Trail e 1/2 km vertical Monte Comado

O prazo de inscrición para o Trail e 1/2 km vertical monte Comado que se celebrará o vindeiro domingo 11 de outubro en Santiago de Reinante (Barreiros – Lugo) péchase este mércores 7 de outubro.

Son 2 probas de montaña que se celebrarán simultaneamente. O trail consta de 21 km cun desnivel acumulado de 1.400 metros; mentras que o 1/2 km vertical consta de 4,4 km de percorrido con 480 m de desnivel acumulado.

As inscricións e toda a información está dispoñible en www.mediokmverticalmontecomado.jimdo.com.

Ó termo da carreira e de forma opcional, celebrarase unha comida organizada poa Asociación comisión vecinal de Santiago de Reinante nun restaurante próximo á zona de saída e na que poderán participar os incritos e calquera persoa en xeral. O menú terá un prezo de 16 euros para os adultos e 6 € para @s nen@s.

Exit mobile version