Site icon Crónica3.com A Mariña

Pensamento e Sementeira programa unha “camiñata polos acantilados de Loiba” e un ciclo de cine de humor

O colectivo viveirense PENSAMENTO E SEMENTEIRA comeza as actividades da Programación de Outono cunha “Camiñada polos acantilados de Loiba”. Esta visita que conta co apoio do Concello de Viveiro, é totalmente gratuíta e desenvolverase o domingo 8 de novembro.

Un autobús, que sairá de Viveiro ás 10.00 horas, achegará aos participantes nesta excursión até o areal de Esteiro, desde alí, e guiados por membros da Asociación Nordés de O Barqueiro, percorrerán os acantilados de Loiba. A camiñata, que terá unha duración aproximada de tres horas, e doada de realizar. Ademais contará con algúnha paradiña, se cadra para sentar no que dín é “o mellor banco do mundo”.

O colectivo programou para os días 11, 18 e 25 de novembro un “Ciclo de Cine de Humor”. Serán 3 películas as que se poderán ver en pantalla grande e en versión orixinal, no salón de actos do IES María Sarmiento. Esta actividade conta co apoio da Federación Galega de Cineclubes e da Concellaría de Cultura do Concello de Viveiro.
PENSAMENTO E SEMENTEIRA proxectará a principios de ano un novo ciclo de cine euroárabe que, como nas dúas ocasións anteriores, conta coa colaboración do Festival AMAL e da Fundación Araguaney.

O Sahara centrará o primeiro dos actos informativos que o colectivo ten programado para a segunda quincena de novembro. Serán saharauis e membros da SOGAPS ( Asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui ) os que se achegarán a Viveiro para informar da difícil situación pola que atravesan o Sahara despois dos recentes asolagamentos nas wilayas de Auserd e Dajla.

Exit mobile version