Site icon Crónica3.com A Mariña

Provincial Feminina FS: Frutas Jose Viveiro FSF 0-2 Cidade de Lugo

Viveiro, 27 de outubro de 2015.- Frutas Jose Viveiro FSF 0-2 Cidade de Lugo.

Frutas Jose.: Diandra, Mery, Nerea, Marta, Rosana. Tamén xogaron.: Andrea, Bea e María Balsa

Cidade de Lugo.: Paula, Adelaida, Akira, Laura, Sainza. Tamén xogaron.: Antía (2), Cristina, Ana.

Bo partido das locais ante un dos claros aspirantes a acadar o título de liga, ao que as viveirenses plantaron cara durante os 50 minutos do encontro.

A primeira metade estivo mais do lado das capitalinas que chegaban con perigo diante da meta local moi ben defendida por Diandra, mentras que as xogadoras do Viveiro intentaban levar certo perigo nas súas contras.

Na segunda metada as locais adiantaron as súas liñas e o partido entrou nunha fase de alternativas no xogo, onde so a falta de finalizacion nos últimos metros, así como as intervencións da porteira visitante, evitaron o empate das locais.

A falta de 6 minutos para o remate do encontro as xogadoras do Cidade aproveitaron unha contra para por o 0-2 no marcador, que lles permitiu afrontar con certa tranquilidade o tramo final do partido, pese a que o Frutas Jose tería varias ocasións para recortar e incluso poder empatar o encontro.

Exit mobile version