
29 de outubro de 2015.- A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña celebrou unha festa de Samaín este xoves na Unidade Residencial situada en Cervo, onde a partires das 11:00 h. se reuniron tanto usuarios como monitores de todos os centros da Asociación para gozar dunha xornada festiva. A mañá empezou coa decoración da Unidade Residencial e seguiu con xogos e baile, para finalizar cunha comida.