Site icon Crónica3.com A Mariña

Sendeirismo en Radio Burela

IMG_9078Burela, 2 de outubro de 2015.- Dun tempo a esta parte o sendeirismo estase a converter nunha das afeccións máis estendida pola Mariña e por outros sitios. Conscientes disto, no programa Parolando da Radio Burela do pasado 1 de outubro, falamos con representandes de asociacións de sendeirismo da nosa bisbarra. Estiveron connosco Paco Salgueiro (Directivo de “Pasada das Cabras” de Burela), Juan Fernández (Secretario de “Paso Miúdo” do Valadouro) e Maricarmen Vila (Presidenta de “Os Rueiros” de San Martiño, en Foz). Aparte dos beneficios para a saúde, facer sendeirismo é convivir, é facer amigos, é loitar por un obxectivo, é case unha forma de vida.

Exit mobile version