Site icon Crónica3.com A Mariña

Taller de teatro infantil en Cervo

teatro-cervoCervo, 20 de outubro de 2015. 40 nenos e nenas alumnos de Primaria participan na nova edición do taller de teatro infantil Pimpím, que organiza a Delegación Municipal de Cultura do Concello de Cervo.

A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, explicou que “é un número elevado polo que se fixo necesario dividir o taller en dous grupos. Esta actividade inclúe xogos para a perda do medo escénico e a mellora da interacción cos compañeiros, ademais do ensaio dunha peza teatral. Pimpím arrincou o venres pasado e desenvolverase todos os venres, un grupo de 16.30 a 17.30 horas e o outro de 19.30 a 20.30 horas. Rematará o día 19 de decembro, cando terá lugar a representación de dúas pezas, que ensaiarán durante as próximos días. As primeiras xornadas están centradas en axudar aos nenos e nenas a perder a vergoña, o medo escénico e a interactuar cos seus compañeiros a través de diversos xogos para despois comezar a ensaiar as pezas teatrais que se exhibirán ante o público”.

Dolores García está “moi satisfeita polo incremento na participación, o que indica que Pimpím vaise consolidando, pois cada vez son máis nenos e nenas os que ven no teatro unha forma de pasalo ben. E, por outra parte, ten múltiples vantaxes, como desenvolver mecanismos á hora de comunicarse diante de persoas, aprender expresión corporal e ademais é una actividade para interactuar entre eles dunha forma distinta”.

Exit mobile version