Site icon Crónica3.com A Mariña

Teatro, actividades infantís e sendeirismo nas actividades culturais de outono en Alfoz

xabier-pardiñasA Área de Cultura e Turismo da Concellería de Desenvolvemento Local do Concello de Alfoz presenta as actividades de outuno que se desenvolverán dende o 30 de outubro ata o 29 de novembro.

As actividades comezarán o vindeiro 30 de outubro a partir das 11.30 horas coa organización, en colaboración coa Concellería de Xuventude e Educación, dunha Ginkana para nenos de infantil e primaria, que servirá para inaugurar as novas instalacións do Parque Municipal José María Parmeiro, recentemente remodeladas.

Tamén dirixido ós máis pequenos, o 14 de novembro a partir das 17.30 horas desenvolverase un obradoiro creativo.

Entre as actividades tamén haberá catro representacións teatrais. Dúas delas do Circuito Afeccionado Buxiganga da Deputación de Lugo: o sábado 31 de outubro o grupo O Centiño representará “O caldeiro máxico” a partir das 21.00 horas e o 21 de novembro Ti e máis Eu Teatro representarán “Nun recuncho do monte” a partir das 20.00 horas.

Pero, a maiores, os sábados intermedios tamén haberá teatro. O 7 de novembro tamén ás 20.00 horas San Tirso del Eo porá en escena “La caza de la extranjera” e o 14 A Adala representará “Unha morta… moi viva” no mesmo horario.

A programación de outono pecharase o 29 de novembro cunha actividade ao aire libre: unha ruta de sendeirismo á cascada do Escouridal con saída ás 12.00 horas dende a Escola do Chao (Pereiro).

Exit mobile version