Site icon Crónica3.com A Mariña

Teatro en Barreiros co grupo Ardora

O grupo teatral Ardora leva este domingo, 25 de outubro, ó Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro a súa peza “Soños cumpridos”, unha sesión de teatro coa que colaboran a Concellaría de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil do Concello de Barreiros. O evento, que comeza ás 18.00 horas, está enmarcado no programa Buxiganga que patrocina a Deputación de Lugo.

Exit mobile version