Site icon Crónica3.com A Mariña

Terras de Lourenzá visitan o parque asturiano de Redes

terraslou-asturiasPreto dunha trintena de membros da Asociación de Sendeirismo “Terras de Lourenzá” desprazáronse ata o Parque de Redes en Asturias este domingo 11 de outubro onde realizaron una das rutas máis reseñables sinaladas nese entorno: a do “Desfiladero de los Arrudos”. Nun percorrido de 11 quilómetros correspondentes ao traxecto Caleao – La Fontona – Caleao, tiveron oportunidade de desfrutar das paisaxes outonais do entorno do Parque Natural ata rematar a xornada desfrutando da gastronomía asturiana nun restaurante da zona. A experiencia resultou tan positiva que non descartan incluír novos percorridos pola zona no calendario da vindeira anualidade.

Exit mobile version