Site icon Crónica3.com A Mariña

Tino García pregunta á alcaldesa de Viveiro por numerosas obras da parroquia de Covas

Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS para o próximo Pleno, ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:

1. Varios veciños que acceden á rotonda da Misericordia dirección Vieiro (marxe dereita) manifestan a necesidade da instalación de bolardos onde estaba situado Talleres Auto–Lar, debido a que algúns vehículos estacionan na zona para os viandantes o que obliga ós peóns a invadir a estrada, co conseguinte perigo para a súa integridade física. Por este motivo ROGAMOS ó equipo de goberno que volte a instalar bolardos nesa zona para protexer o paso dos viandantes.

2. No Barrio de Verxeles ao carón dos nº 25-27 ( estrada xeral ), están situados uns colectores do lixo que impiden a visibilidade dos conductores cando saen do garaxe do citado edificio para incorporarse á estrada, situación que ten provocado varios accidentes. Por este motivo ROGAMOS ó equipo de goberno lle busque unha solución a esta situación para evitar riscos innecesarios.

Igualmente, o edil popular realiza varias preguntas:

1. Despois de que os nenos e nenas non poideran disfrutar durante todo o verán do parque e zona de ocio de Parquemar na parroquia de Covas, entre outros motivos porque houbo que deixar medrar o céspede, unha empresa instalou o rego automático en dito parque, obra que non se contemplaba no proxecto inicial, nin na obra adxudicada á empresa Oziona. Por este motivo lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:

• Que presuposto tivo dita obra para o rego automático?
• Quen o vai financiar?

2.No barrio de Escourido, da parroquia de Covas, na pista que vai á Insua, fixéronse no ano 2010 unhas obras de canalización tanto para a auga coma para o alumeado público , así como para dotar de enerxía eléctrica á area etnográfica. A día de hoxe descoñecemos a situación actual destas obras, constándonos que so se fixa a obra civil e o resto está en absoluto estado de abandono, motivo polo que lle preguntamos á Sra. Alcadesa:

• Cando teñen pensado rematar definitivamente e dun modo completo as mencionadas obras?

3. No pleno do 8 de xaneiro do 2015 aprobouse por unaminidade a moción presentada por este grupo municipal relativa a colocación de Carteleiras informativas no noso Concello. Acordouse facultar á Sra. Alcaldesa para facer as xestións necesarias coas empresas, así como buscar os sitios idóneos para instalar ditas carteleiras informativas polas distintas parroquias do Concello.

Como a día de hoxe non nos consta a colocación das carteleiras e ante a insistencia de moitos veciños das distintas parroquias, e polo que lle preguntamos á Sra. Alcaldesa:

• Reuniuse ou fixo algunha xestión con algunha empresa ó respecto?
• Dado que as empresas funerarias eran as máis interesadas en costear este servizo, contactou con elas para falar de dita posibilidade?
• No caso de terse reunido con empresas, a que acordos chegaron?
• Se non fixo ningunha reunión e dado que xa transcurriron máis de 9 meses dende a aprobación desta moción, cando ten pensado reunirse coas empresas para abordar este asunto?

4. Este grupo municipal solicitou en varios plenos nos anos 2013 e 2014 a colocación de marquesinas para as paradas de bus nos Barrios do Chao en Celeiro e da Cruz en Covas. Nesta última hai unha marquesina desmontada dende o 23 de xullo de 2014, ocupando un terreno privado – co permiso do seu dono – e que só habería que colocala. Na última ocasión que nos interesamos por este tema nun pleno, a resposta da Sra. Alcadesa foi que se colocarían “cando se poida e cando haxa orzamento”. Esta marquesina era habitualmente moi usada polos nenos e nenas que acuden ó colexio. Como queira que a día de hoxe – máis dun ano despois – , e dado que o curso escolar xa comenzou hai máis de dous meses e polo que lle preguntamos á Sra. Alcadesa:

• Un ano despois hai orzamento ou vai habelo para a colocación destas marquesinas?
• Teñen pensado colocalas a curto plazo ou os veciños terán que agardar un ano máis?

Exit mobile version