Site icon Crónica3.com A Mariña

Trail e 1/2 km vertical monte Comado, o domingo 11 en Barreiros

11898681_1615492515391378_4965173073274015891_nBarreiros, 1 de outubro de 2015.- Queda pouco máis dunha semana para a celebración do Trail e 1/2 km vertical monte Comado, que será o vindeiro domingo día 11 de outubro en Santiago de Reinante – Barreiros – Lugo.
Organizada por Comisión veciñal de Santiago de Reinante, Casa Elena Turismo Rural, Actiboot, Hotel Ría do Masma, Café Bar Moderno e Peña Barcelonista San Miguel.

Consiste en duas carreiras simultáneas, un Trail de 21 km e case que 1.500 m de desnivel acumulado e unha carreira vertical de 4,4 km e 480 m de desnivel acumulado.

A saida será na propia praia de Arealonga ás 10 da mañá e a meta estará situada no cume do monte Comado.
A data final para inscripcións é o 7 de outubro e tanto inscripcións como consulta de información aparecen na web www.mediokmverticalmontecomado.jimdo.com

A organización trata con este evento, ademáis de fomenta-lo deporte, dar a coñecer outras rutas de Barreiros que non sexan únicamente as praias. Para iso tratan de buscar un percorrido o máis fermoso posible, destacando as espectaculares vistas da Mariña lucense.

Exit mobile version