Site icon Crónica3.com A Mariña

Trasladado a Lugo o partido do Durán Maquinaria Lourenzá

Debido á instalación do parquet flotante, o pavillón de Lourenzá non está dispoñible para o partido do conxunto de baloncesto da Liga Nacional que será trasladado a Lugo mantendo o mesmo horario: ás 12.00 horas.

Ante a falta de dúas capas de barniz, o pavillón non poderá ser empregado ata dentro dunha semana.

Fútbol Autonómica
O encontro de autonómica de fútbol do Atleti Lourenzá atrásase para as 18.00 horas do domingo 4 de outubro para coincidir co Trofeo da Faba.

Exit mobile version