Site icon Crónica3.com A Mariña

Trinta e catro comercios e varios locais de hostalaría de Ribadeo asociados a ACISA participarán entre o 30 de outubro e o 1 de novembro na campaña “Prezos de morte”

Ribadeo, 28 de outubro de 2015.- O comercio ribadense inicia o 30 de outubro unha campaña promocional ata o 1 de novembro, coincidindo coa ponte de Defuntos e o Samaín, na que participan 34 locais do municipio, ademais dalgúns negocios de hostalaría. Baixo o nome Prezos de morte, a campaña organizada por Acisa Ribadeo, pretende dinamizar a economía local e incentivar as compras durante unhas datas nas que o municipio recibe moitos visitantes de proximidade.

Os 34 comercios participantes decoraron os seus escaparates con motivos alusivos á festividade do Samaín e ofrecerán descontos, regalos, sorteos ,outlet e uns “prezos de morte” para todos aqueles que se acheguen a Ribadeo: “o que pretendemos con esta acción é dinamizar a economía local e potenciar as compras durante esta ponte festiva na que Ribadeo volverá recibir moitos visitantes de proximidade, chegados doutros puntos da nosa comunidade e tamén da veciña Asturias”, sinalan desde a directiva de Acisa. Tres locais hostaleiros ofrecerán pratos e bebidas vinculadas co Samaín ou Halloween.

O día 2 de novembro, festivo en Galicia, Asturias, Castela León, Estremadura e Andalucía augura moitas visitas e a festa de Samaín ou Halloween moita inspiración para recrearse no decorado das tendas. As redes sociais, a través da conta de Facebook de Acisa Ribadeo, tamén dan conta da campaña.

Exit mobile version