Site icon Crónica3.com A Mariña

Un grupo de Pasada das Cabras de Burela visitou as Covas do Rei Cintolo

OLYMPUS DIGITAL CAMERA3 de outubro de 2015.- Un grupo de Pasada das Cabras de Burela visitou este sábado as Covas do Rei Cintolo en Mondoñedo, as mais grandes de Galicia.

Estas covas, auténtico monumento natural único en Galicia, cunha extensión de mais de 6 Km. de galerías, teñen nas súas entrañas estalactitas, estalagmitas, columnas, coadas, un lago,… que representan os diversos espeleotemas que puideron contemplar.

Para facer esta visita guiada, tiveron que reservala coa suficiente antelación na Oficina Municipal de Turismo do concello de Mondoñedo.

Exit mobile version