Site icon Crónica3.com A Mariña

Un grupo de alumn@s do CEIP Virxe do Carme visitaron a Casa do Concello de Burela

cole-concello-burelaBurela, 28 de outubro de 2015. Este mércores os alumnos e alumnas de cuarto de primaria do CEIP Virxe do Carme foron de visita á Casa do Concello de Burela. Alí puideron visitar tódalas dependencias, foron informados dos servizos que se prestan nel e foron recibidos polo alcalde, Alfredo Llano, e por varios concelleiros; que atenderon ás preguntas que os rapaces lles fixeron.

Á súa vez tanto o alcalde como os concelleiros explicaron aos rapaces cales son as súas funcións e como se toman as decisións nos Plenos, entre outras cousas.

Exit mobile version