Site icon Crónica3.com A Mariña

Un grupo de nen@s do Ceip Virxe do Carme de Burela participará este mércores nunha actividade de prevención de condutas racistas e xenófobas

20151021_125437Burela, 27 de outubro de 2015.- A Concellería de Inmigración e Cooperación e a Aula de Medio Ambiente Gaia, a través do programa de atención a inmigrantes do Concello burelés, organizaron unha actividade de prevención de condutas racistas e xenófobas para os nenos de 4º de primaria.

Segundo explica a edil Angélica Gómez “a actividade consistiu nun xogo, na Ocainmigrante, na cal os nenos e nenas mediante distintas probas van coñecendo aspectos como o racismo, a inseguridade e o desamparo, a acollida, a pobreza, a tolerancia e o respecto, guerras, papeis, marxinación, malos salarios, rexeitamento, integración, inxustiza… Con esta actividade queremos sensibilizar aos máis novos sobre esta temática e ensinarlles a ver o mundo dende outra perspectiva, así como a facelos conscientes das necesidades existentes no mundo que nos rodea”.

A actividade foi realizada cun grupo de nenos e nenas o mércores pasado e este mércores, 28 de outubro, volverase realizar nas dependencias do Ceip Virxe do Carme, “ao que lle agradecemos a súa participación”, engadiu a concelleira de Inmigración e Cooperación.

Exit mobile version