Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha delegación galega reunirase este mércores ca DX AGRI da Comisión Europea para expor as súas demandas

Bruxelas, 20 Outubro 2015.- A través da eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, unha delegación de once gandeiros/as e residentes en zonas de alta montaña da Galiza entrevistaranse no Parlamento Europeo con Dermot Ryan, representante da Dirección Xeral de Agricultura da Comisión Europea (DX AGRI), este mércores de 15.30 a 16.30hrs.

Seguidamente manterán un encontro ca eurodeputada Mercedes Bresso, presidenta do Intergrupo Parlamentario de Áreas Rurais, Montañosas e Remotas, no que a AGEe está inscrita.

Estes contactos e intercambios de opinión ca Comisión e o Parlamento engadiranse ao traballo de análise desenvolvido nas xornadas “As áreas de alta montaña na UE, unha perspectiva dende a esquerda”, realizadas por AGEe en Becerreá o pasado 28 de febreiro.

Exit mobile version