Site icon Crónica3.com A Mariña

“Ven a xogar co abecedario” á Librería Bahía

A Librería Bahía de Foz acolle este xoves 8 e o vindeiro 15 de outubro , a partir das 18.00 horas, unha actividade para nenos e nenas a partir de 3 anos basada no libro O Abecedario que edita a Mesa pola Normalización Lingüística. Mónica Pazos dirixirá “Ven a xogar co abecedario”. A actividade é gratuíta; pero as prazas son limitadas, polo que é preciso inscribirse na librería ou a través do seu teléfono, 982 140 434.

Exit mobile version