Site icon Crónica3.com A Mariña

VI Encontro Sendeirista Astur-Galaico en Vegadeo

O Club Deportivo Básico “Pandela” de Vegadeo organiza o VI Encontro Sendeirista Astur-Galaico que se desenvolverá o domingo 25 de outubro baixo dúas posibilidades: unha ruta longa de 17,5 km e outra curta de 9 km; pero ambas de 263 metros de desnivel acumulado. As actividades darán comezo ás 09.00 coa repeción na explanada do recinto feiral onde se repartirá chocolate e biscoito e o saúda do alcalde antes do inicio das rutas ás 10.00 horas. Para as 15.00 horas está previsto o reagrupamento no pavillón da Feira de Mostras onde se servirá un xantar a base de churrasco, chourizo, sobremesa, pan, bebida, café e chupito por un prezo de 10 euros. É preciso inscribirse ata o 19 de outubro. Despois das 16.30 horas disco-móbil Vívilo porá música á tarde. Os socios colaboradores do grupo de montaña do CD Básico Marqués de Casariego deberán achegar 3 euros, os non colaboradores 5 e os non socios 12 euros para participar neste encontro.

Exit mobile version