Site icon Crónica3.com A Mariña

Vitoria para as laranxas no derbi galego ante o Poio e pleno de triunfos

burela-poioO Burela Pescados Rubén imponse no derbi galego ante Poio Pescamar por 5-3 nun partido que mantivo a emoción ata o final a pesar do dominio laranxa. O duelo comezou cun Burela dominador que apenas deixaba respirar á escuadra pontevedresa pero unha xogada afortunada permitiu ao Poio Pescamar adiantarse no marcador (0-1), minuto 6. A pesar do resultado adverso as mariñás persistiron na súa idea de xogo e voltearon o marcador con goles de Gaby (1-1), nunha contra guiada por Ceci, e Lara (2-1) que bateu con determinación a meta defendida por Irene. Co 2-1 chegouse ao descanso e nos inicios da segunda parte chegou o 2-2, obra de Yoli, dando paso a uns minutos de igualdade no xogo. O Burela non atopaba espazos ante a boa defensa pontevedresa ata que Peque coa súa garra habitual perseguiu un balón para asistir a Lara que establecía o 3-2 de cabeza, minuto 26. O tanto tranquilizou ás locais que aumentaron a súa renda (4-2) por mediación de Peque e o Burela Pescados Rubén puido sentenciar definitivamente pero perdoou en exceso. Na recta final o Poio apostou polo xogo de cinco e Jessi recortou distancias (4-3) levando a emoción a Vista Alegre. No último minuto Peque disipou calquera dúbida marcando o definitivo 5-3 para adxudicarse o derbi galego e contar as xornadas por triunfos.

Ficha técnica
CD Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Ceci, Bea Mateos, Shio –cinco inicial- Maite, Gaby, Lara, Andrea.

Poio Pescamar: Irene, Yenni, Charo, Claudia, Nere –cinco inicial- Yoli, Jessi, Ale de Paz, Suki.

Goles: 0-1, m.6, Claudia (p.p); 1-1, m.9, Gaby; 2-1, m.12, Lara; 2-2, m.21, Yoli; 3-2, m.26, Lara; 4-2, m.31; 4-3, m.36, Peque; 5-3, m.40, Peque.

Incidencias: Partido correspondente á cuarta xornada de Primeira División RFEF, disputado en Vista Alegre. 500 espectadores.

Exit mobile version