Site icon Crónica3.com A Mariña

XII Xornadas Micolóxicas no IES Vilar Ponte

Viveiro, 21 de outubro de 2015.- O próximo xoves 22 de outubro celebraranse as XII xornadas micolóxicas no IES Vilar Ponte.

Programa:

-Ás 9:OOh sairán os alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 4ºESO a recoller cogomelos aos montes dá Gañidoira. O grupo irá acompañado polos profesores Xaime Oroza, Roberto Mateos e J.J.M.Ferreiro.

-Regreso sobre as 12:20h. A continuación montarase na Biblioteca do Centro unha exposición coas especies máis representativas.

-A partir das 19:30h, na cafetería, celebrarase unha exquisita degustación cos exemplares comestibles recollidos, á cal está convidada toda a Comunidade Educativa.

Exit mobile version