Site icon Crónica3.com A Mariña

XXVIII Edición da Feira do Mel de O Valadouro

O Valadouro, 2 de outubro de 2015.- Este ano 2015, a concellaría de cultura do concello de O Valadouro, liderada por Eduardo Chao, organiza para o vindeiro 10 de Outubro a XXVIII Edición Feira do Mel do Valadouro. Unha cita na que os numerosos produtores da val exponen e venden o mel que tanto costa conseguir por culpa da invasión das avespas asiáticas. De todos modos, o mel de Valadouro é un dos meles que consigueu distintos galardóns nas catas de mel de Galicia.

Nesta edición, a feira trasládase á rúa Andrés López Palmeiro, entre A Ponte e a Praza de Santa María, e onde se van a poder ver preto dun vintena de postos de mel así como de artesanía variada.

A partires da media mañá, vaise ofertar ós asistentes cunha degustación de freixós con mel e rematarase a xornada co sorteo dun lote de productos. A feira abrirase ó público ás 10:00h.

Exit mobile version