Site icon Crónica3.com A Mariña

Yolanda Rodríguez, seleccionada para o Nacional de tiro olímpico

20150420_161646Viveiro, 27 de outubro de 2015.- A multideportista viveirense e dobre medallista internacional Yolanda Rodriguez (Viveiro 1999) competirá no Campionato de España de Xoves Promesas de Tiro Olimpico que terá lugar na cidade de Logroño o próximo fin de semana.

A deportista mariñá foi convocada pola Dirección Técnica da Federación Galega de Tiro Olímpico tras dos resultados que está obtendo esta tempada, despois de bater a plusmarca galega e a obtención da medalla de bronce nacional na Copa Princesa de Asturias, Rodríguez representará a Galicia nas modalidades de Pistola de Precisión, Pistola Deportiva e na fase de Equipos.

Para o que leva varias semanas intensificando a preparación no Pavillón de Tiro da Duquesa na Cidade de Lugo, da man do seu adestrador o Internacional Julio Rivas, o cal se amosaba alegre de que a súa pupila e representante do club de tiro San Froilan fose seleccionada e ademáis para as tres modalidades, non escatimou eloxios para a súa alumna, a cal, comentou, realiza un sacrificio enorme ela e a súa familia, tendo que percorrer varias veces á semana a distancia de Viveiro a Lugo e no inverno despois de saír do Instituto para poder adestrar.

O campionato comezará o venres co control de armas e os adestramentos libres para continuar durante o sábado e o domingo desenvolvendo a competición propiamente dita nas diferentes modalidades deportivas, sendo unha das máis chamativas a de pistola deportiva, que consta de dúas fases de vinte disparos cada unha, vinte a un branco xiratorio estilo duelo e vinte no apartado de precisión.

No que a pistola de precisión se refire, a mariñana terá un tempo dunha hora e cuarto para efectuar corenta disparos a un branco situado a dez metros.

Exit mobile version