Site icon Crónica3.com A Mariña

A ACX O Castelo e o Concello colocan a estrela do Nadal en Alfoz

estrela-alfozMembros da Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo de Alfoz, coa axuda do Concello de Alfoz, colocaron este sábado a estrela luminosa que un ano máis nos acompañará durante a época de Nadal no alto da torre do Castelo de Castro de Ouro. Esta estrela, unha das máis grandes de Galicia, con 13 metros de lonxitude, é o símbolo do Nadal de Alfoz desde fai máis de vinte anos e comezará a alumear, como cada ano, a principios do mes de decembro.

Exit mobile version