Ferreiro destacou que “o Festival de Pardiñas é unha das citas indiscutibles do verán galego” e sinalou que “o noso compromiso co tecido asociativo segue adiante”. O Festival de Pardiñas é un dos eventos que organiza, ao longo do ano, a Asociación Cultural Xermolos e neste ano 2015 chegou á súa 36 edición “o que da conta da seriedade e compromiso de Xermolos á hora de manter a celebración deste encontro que eles mesmos nomearon, acertadamente, como Feira e Festa da música e da Arte”.
O deputado de Cultura anunciou que “nos vindeiros días afrontaremos o deseño dos orzamentos do ano vindeiro para dar, como sempre fixemos, o apoio necesario á cultura, o deporte, e a actividade de colectivos e concellos que van ter as portas abertas nas áreas que os nacionalistas gobernamos na Deputación de Lugo”.