O edil socialista sinalou que “acabamos de realizar esta obra, que foi unha promesa incumprida polo anterior goberno, que decidimos facer para que a xente non se poida acercar a darlles de comer aos cans sen control nin que calquera persoa poida acceder á instalación. E lembrou que “foi unha petición expresa e con urxencia que nos trasladou a directiva da asociación”. Ramiro Fernández e a concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, visitaron este sábado o recinto onde estiveron acompañados por membros da asociación Bigotes.
Ordenanzas medioambientais
Por outra banda, Noelia Mª Ben e Ramiro Fernández mantiveron unha xuntanza coa xefatura da Policía Local para abordar “dúas cuestión nas que debemos tomar medidas, debido ás numerosas queixas veciñais que se están a producir: a presenza da excrementos de cans nas rúas de Burela e as verteduras de auga do peixe pola circunvalación que deixan algúns camións que acoden a cargar ao porto”.
Os concelleiros de Medio Ambiente e Turismo pedíronlle á Policía Local que “tomen as medidas oportunas para que isto se corrixa e que fagan cumprir as ordenanzas medio ambientais con respecto a estes asuntos que están creando descontento entre os veciños, debido á falta de civismo e educación duns poucos. Ao final pagarán xustos por pecadores, pero está claro que temos a obriga de empezar a tomar medidas máis drásticas ante a falta de civismo e respecto destas persoas para cos seus veciños e veciñas”.