Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula CeMIT de Burela impartirá catro novos cursos durante este mes de novembro

Burela, 9 de novembro de 2015. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Burela iniciará 4 novos cursos de formación informática.
O vindeiro luns, 16 de novembro, dará comezo o curso Edición e Montaxe de Vídeo dirixido a persoas con coñecementos básicos de informática. Con esta actividade amosarase a crear vídeos a través de imaxes e sons, para esta fin, empregarase un programa gratuíto de edición de vídeos. Dito curso terá unha duración de 15 horas, impartirase de luns a xoves de 18.30 a 20.00 horas e finalizará o 1 de decembro.
O 23 de novembro iniciaranse 3 cursos.

O primeiro deles será de Mecanografía para adultos dirixido a persoas con ou sen coñecementos de informática. Con esta actividade amosarase a correcta posición das mans á hora de escribir nun computador. Os asistentes realizarán distintas leccións que consistirán na repetición de series de letras co fin de adquirir certa axilidade, empregarase un programa libre. Dito curso contará cunha duración de 12 horas, impartirase de luns a venres de 10.00 a 11.00 horas e finalizará o 11 de decembro.

O segundo curso será o de Elaboración de presentacións dirixido a persoas con coñecementos básicos de informática. Neste curso amosarase a crear presentacións de diapositivas mesturando texto, imaxes, formas e sons. O programa que se empregará para esta fin será o Impress incluído no paquete ofimático LibreOffice. Esta actividade terá unha duración de 12 horas, impartirase de luns a venres de 11.00 a 12.00 horas e finalizará tamén o 11 de decembro.

O último dos cursos que se iniciarán o 23 de novembro será o de Correo Electrónico. Este curso está dirixido a persoas con coñecementos básicos de internet e nel amosarase a crear unha conta de correo electrónico coa que poder enviar e recibir mensaxes de outras persoas. Dito curso terá unha duración de 12 horas, impartirase de luns a xoves de 16:00 a 17:30 horas e rematará o día 3 do decembro.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades as persoas interesadas poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sito Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo S/N, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/ ou enviando un correo á dirección: cemit.burela@xunta.es.

Exit mobile version