Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG de Alcoa San Cibrao presenta a súa candidatura para 2015

San Cibrao, 6 de novembro de 2015.- Como non podía ser doutra maneira o traballo realizado é a nosa mellor carta de presentación, con ela estivemos polos tallos durante estes catro anos nos que lideramos a maior parte das reclamacións realizadas. Tanto as que remataron no AGA, nos xulgados, na inspección ou nas distintas reunións coa Empresa.

Reclamacións que, como se recolle nas actas dos plenos, foron máis dun 90% das realizadas e nas que en moitos casos tivemos que pelexar primeiro co resto de membros do Comité de Empresa para lograr que se achegasen a empurrar do carro.

Así o fixemos nas mobilizacións polos contratos das ETTs, nos despidos do traballador do Laboratorio e da traballadora de Compras ou na reclamación das axudas para as operacións de óptica, entre outras.

Tamén nas Actas dos Comités de Seguridade queda testemuñada a intensa labor da CIG reclamando, pelexando e facendo propostas.

Fomos escrupulosos á hora de informar no Espiño, vinte e dous foron os voceiros publicados durante esta lexislatura nos que informamos do acontecer sindical e recollemos a visión da CIG. Traballo no que ningún outro sindicato foi capaz de seguir o noso paso.

Pero non foi só atraveso da edición impresa que vos mantivemos ao día das novas. Tamén o fixemos puntualmente a traveso das notas enviadas aos correos electrónicos, whatsapp e no Espiño Dixital. Autentico almacén de información onde puidestes seguir día a día a negociación colectiva, ou a recente crises dos transformadores, ademais de encontrar as táboas salariais, (que por certo este ano nin a Empresa nin o Comité publicaron) os calendarios, as descricións de posto etc…

Como podedes ver na candidatura que agora presenta a CIG é unha candidatura gañadora onde abondan as caras novas. Cunha media de idade por debaixo dos trinta e seis anos, trátase de xente con ganas traballar e aprender. Persoas que xunto a outras con experiencia e capacidade máis que demostrada se comprometen a defender por encima de personalismos e partidismos o modelo de sindicalismo da CIG.

Especialistas e non Cualificados
1 Xosé Paleo Rodríguez
2 Cándido Cabaleiro Martínez
3 Alejandro Ferro Balseiro
4 Antonio Chao Vázquez
5 J. Carlos García Pires
6 Jose Núñez Alvaredo
7 Miguél García Moreda (peixe)
8 Ivan Berdeal Gómez
9 Aladino Barreira Chao
10 J. Manuel Peña Abeijón
11 Miguél J. García Rodríguez
12 Carmen Paula Insua López
13 Aarón Mariña Méndez
14 Gerardo López Casas
15 Afredo Navarro Palmeiro
16 Manuel García Villarino
17 Carlos Fernández Louzao
18 Iago Yánez Yáñez
19 Ignacio Romillo Díaz
20 Alejandro Balseiro Míguez
21 David Del Río Polo
22 Justo Rivera Rodríguez
23 Gutier Preto Fernández
24 Francisco Fanego Bermúdez

Técnicos e Administrativos
1 Águeda Fontenla Fernández
2 Miguél Fernández Vijande
3 Oscar Lara Gil
4 Miguel A. Burundarena Fraga
5 Ramón Angel Castiñeira Lestegas
6 Manuel Morales Pascual
7 Ricardo Corral Vale
8 Tomás José García Fernandez
9 José Ramón Glez López (Molo)
10 Jesús Angel Iglesias Bermúdez

Exit mobile version