Site icon Crónica3.com A Mariña

A DXT desenvolverá a próxima semana unha campaña especial de vixiancia do transporte escolar

A Coruña, 29 de novembro de 2015.- A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) poñerá en marcha desde este luns, e ata o vindeiro venres día 4, unha campaña especial de vixiancia e control do transporte escolar. Nela, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil comprobarán que tanto autobuses como condutores cumpran coa normativa establecida na materia, que inclúe, entre outras obrigas, a necesidade de que os menores vaian acompañados por unha persoa debidamente cualificada nos desprazamentos.

A Delegación do Goberno destaca que esta campaña ten unha especial transcendencia en Galicia debido á gran extensión de rutas de transporte escolar existentes na Comunidade. Para reforzar o seu seguimiento, están invitados a participar en dita campaña os concellos que dispoñen de policía local.

Concienciación
Aínda que a vixiancia por parte da Agrupación de Tráfico da Garda Civil é permanente, nos próximos días intensificaranse os controis preventivos, especialmente en estradas convencionais e en vías urbanas. O obxectivo é concienciar a pais, responsables educativos e condutores de autobuses da necesidade de cumprir as normas establecidas con respecto a este tipo de transporte.

Realizaranse controis de carácter administrativo sobre as autorizacións e documentos que deben ter ditos vehículos para a correcta prestación do servizo. Tamén se verificará que as condicións técnicas e elementos de seguridade do vehículo son os que esixe a normativa, así como os requisitos especiais que debe cumprir o propio condutor, como son o permiso de condución e os tempos de descanso. Entre as condicións de seguridade que deben cumprir todos os transportes escolares, se estipula a antigüidade máxima dos vehículos destinados a este tipo de pasaxeiros, o seguro de responsabilidade civil ilimitado ou a obligatoriedad de levar o sinal de transporte escolar.

Seguridade e menores
De acordo coas estatísticas da DXT, o 90% dos accidentes que se producen durante o transporte escolar teñen lugar no momento de subir ou baixar do vehículo, ou xusto nos instantes inmediatos e, en moitos casos, trátase de atropellos causados por unha distracción do menor, do condutor do transporte escolar ou dos acompañantes.

Resultado da campaña anterior
Na campaña equivalente de control de transporte escolar realizada o ano pasado entre o 24 e o 30 de novembro, controláronse 414 vehículos deste tipo, chegando a formular 153 denuncias, na súa maioría de tipo documental ou administrativo.

Exit mobile version