O obxectivo das xornadas é poñer en debate e análise as políticas económicas que o neoliberalismo está a aplicar coa escusa da crise, debullar o que realmente se agocha detrás das medidas de “austeridade” e poñer enriba da mesa os eixos que garanten a defensa dos dereitos das persoas por diante dos intereses do Capital.
O evento posibilitará poder escoitar na capital galega as teorías de representantes do Sinn Féin irlandés, do Bloco de Esquerdas de Portugal, de Unidade Popular de Grecia ou do Die Linke alemán. Tamén intervirán persoas expertas na materia procedentes da Universidade de Barcelona e de Euskadi, así como o Portavoz Nacional de Anova-IN e Portavoz de AGE no Parlamento Galego, Xosé Manuel Beiras.
Para lograr a interacción coas persoas asistentes ás xornadas, os dous relatorios previstos contarán con tempo abondo para o debate e a intervención do público que desexe facerlle preguntas aos poñentes. Habilitarase tamén na propia Facultade de Filosofía unha área con servizo de gardería, para facilitar que as persoas con nenas e nenos ao seu cargo poidan vir ás xornadas.
A xornada comezará ás dez da mañá e incluirá dous grandes bloques, un en sesión de mañá (10.00 a 14.00hrs.) e outro en sesión de tarde (16.00 a 19.00hrs.).
O vindeiro venres 20 de novembro, ás 10.30hrs., presentarase en rolda de prensa na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela. A continuación o programa completo cos diferentes horarios, poñentes e moderadoras/es de toda a xornada.
Xornada
“A ESQUERDA EUROPEA: GARANTE DOS DEREITOS DAS PERSOAS FRONTE ÁS POLÍTICAS DE AUSTERIDADE”
Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2015
Programa
10:00h.- Recepción dos/as participantes e apertura das xornadas por Lídia Senra Rodríguez, Deputada no Parlamento Europeo por AGEe e membro do GUE/NGL.
10:30 h.- As políticas de austeridade e a ditadura do euro.
• Joan Tafalla. Doutor en Historia pola U.A.B.. Membro da Asociación Expai Marx.
• Daithí Doolan. Concelleiro do Sinn Féin en Dublín (Irlanda).
• Ramón Franquesa. Profesor de Economía na Universidade de Barcelona.
Introdución e moderación: Antón Sánchez García. Deputado no Parlamento Galego por AGE.
12:00 h.- Descanso
12:30 h.- Debate.
14:00 h.- Fin da xornada de mañá.
16:00 h.- Que propostas dende a esquerda para poñer os dereitos das persoas
no centro das políticas da Unión Europea?.
• Yolanda Jubeto. Doutora en Economía pola Universidade do País Vasco e activista feminista.
• Fabio De Masi, Deputado no Parlamento Europeo polo Die Linke (Alemania).
• Yiannis Tolios. Membro do Consello Político de Unidade Popular de Grecia e
Director do Centro de Investigación Marxista MAXOME.
• Joana Mortagua. Deputada do Bloco de Esquerdas en Portugal.
• Xosé Manuel Beiras. Portavoz Nacional de Anova-IN e Portavoz de AGE no Parlamento Galego.
Introdución e moderación: Lídia Senra Rodríguez.
17:30 h.- Debate.
19:00 h.- Fin da xornada