Site icon Crónica3.com A Mariña

A FAPACEL e Vicepresidencia da Deputación presentaron o programa “Coa educación por diante”, froito dun convenio asinado por estas dúas entidades

DSC04142Lugo, 5 de novembro de 2015.-A FAPACEL e Vicepresidencia da Deputación presentaron na mañá deste xoves o programa “Coa educación por diante”, froito dun convenio asinado por estas dúas entidades. Na mesma estiveron presentes ademais do deputado provincial Xosé Ferreiro e do presidente da FAPACEL Luís Blanco, Lucía Fernández e Zeltia Méndez do Centro Psicopedagóxico “Crea” autoras, xunto a Carmen Moreno tamén de Crea, da guía Escola de Habilidades Socias e Rubén Pérez que realizará Obradoiro sobre o Conto Popular para as nenas e nenos que asistan ás charlas.

A FAPACEL comentou que neste mes de novembro presentará a guía Escola de Habilidades Sociais con charlas dirixidas a familias con nenos e nenas de 4 a 12 anos.

Nesta guía atoparanse orientacións para favorecer a adquisición de habilidades básicas de relación social. Está dividida en diferentes partes, na primeira dáse unha explicación do que son as habilidades sociais e a importancia que ten a súa adquisición. Na segunda parte explícanse os diferentes estilos de interacción social, amosando as características de cada un deles mediante unha situación práctica. A continuación, aprenderanse unha serie de pautas educativas para a resolución de conflitos. E para finalizar, destacaremos diferentes mitos sobre as interaccións sociais para reflexionar entre todas e todos

Para facilitar a asistencia das familias ás charlas as nenas e nenos terán un Obradoiro sobre o Conto Popular que correrá a cargo de Rubén e Elena Centelles.

No mes de decembro, unha vez realizadas todas as charlas,enviaranse guías as ANPAS asociadas para repartir ás familias socias que as soliciten.

Exit mobile version