Site icon Crónica3.com A Mariña

A Garda Civil localiza a unha persoa desaparecida na Mariña dende o 2009

26 de novembro de 2015. A Garda Civil de Lugo localiza na cidade de Málaga a unha persoa que figuraba como desaparecida desde finais do mes de outubro do ano 2009, tras unha denuncia efectuada polos seus familiares directos.

A unidade orgánica de policial xudicial da Comandancia da Garda Civil de Lugo inicia unha investigación na que, dadas as circunstancias da desaparición desta persoa existía o temor, por parte dos seus familiares, de que esta persoa puidese ser asasinada, quedando patente co resultado das xestións practicadas de que non é o caso.

O desaparecido acode a dependencias oficiais de Málaga, co fin de verificar a súa identidade e cesar a súa procura por parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Exit mobile version