Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mariña Federación realiza o 1 de decembro o sorteo de 6 vales de compra valorados en 12.000 euros

A Mariña, 25 de novembro de 2015. O día 1 de decembro A Mariña Federación sorteará ante notario seis vales de compra por un valor de 12.000 euros (2.000 euros cada un) entre os clientes que desde o pasado 15 de outubro e ata o 30 de novembro recibiron nos comercios asociados as rifas para participar na campaña de Nadal do colectivo. O sorteo realizarase ás 12.30 horas nas instalacións de A Mariña Federación, en Ribadeo. Os afortunados ou afortunadas poderán reclamar os seus premios ata o día 18 de decembro e facer uso dos vales ata o 5 de xaneiro de 2016.

A campaña de Nadal de A Mariña Federación comezaba o pasado 15 de outubro no comercio asociado, tradicional e próximo, así como en locais de restauración, dos municipios de Burela, Foz, O Vicedo, Ribadeo, Viveiro e Xove. Ós clientes destes establecementos entrégaselles coa súa compra as rifas coas que participar no sorteo dos vales de compra, un por cada asociación de empresarios que forma parte da Federación. En caso de quedar deserto algún premio doarase a alguna entidade que decida a xunta directiva do colectivo.

Desde A Mariña Federación convidan ós clientes do comercio mariñán a “estar o día 1 de decembro moi pendentes das redes sociais e dos medios de comunicación da comarca co obxectivo de comprar as súas papeletas e reclamar os premios. Ata o 18 de decembro será posible presentar as rifas premiadas. Os afortunados ou afortunadas poderán gastar os seus vales ata o 5 de xaneiro de 2016”.

Na campaña de Nadal de A Mariña Federación colabora a Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria.

Exit mobile version