Site icon Crónica3.com A Mariña

A ribadense Carla Méndez García, segunda na votación popular do concurso de deseño de moda Fashion Academy de El Corte Inglés

carla-deseñoRibadeo, 9 de novembro de 2015. A ribadense Carla Méndez García, estudante de Belas Artes e “apaixonada da moda”, participa no concurso de deseño de moda Fashion Academy, de El Corte Inglés. Os tres mellores deseñadores verán as súas coleccións feitas realidade nesta firma, participarán economicamente das vendas, obterán un premio económico e unha beca en El Corte Inglés. Ata o 15 de novembro está aberto un período de votación popular de todos os deseños que se presentaron ao concurso. Do 16 ao 19 de novembro de entre los 100 máis votados un xurado seleccionará aos 50 mellores e o día do desfile final coñeceranse os nomes dos tres gañadores.

O premio do look gañador absoluto realizará o peche do desfile, pasando o seu deseño, unha vez proclamado como mellor look de deseñador emerxente do concurso Fashion Academy El Corte Inglés 2015; prácticas no departamento de compras de El Corte Inglés durante 6 meses; 3.000 euros nunha tarxeta regalo desta firma; a produción e venda do look en tres tallas (S, M e L) en centros seleccionados de El Corte Inglés en Madrid e o 15% de royalties sobre as vendas da colección.

Carla Méndez García creou un look de dúas pezas principais: una saia de tubo negra clásica, cuberta por unha saia de organdí máis ríxida e voluminosa, e un crop top negro con perlas brancas, “con formas inspiradas no art decó”. No seu perfil en Fashion Academy El Corte Inglés a deseñadora ribadense explica que decidiu crear “un look que me defina a min mesma, de ahí a elección do branco e o negro: o equilibrio. Ambos se complementan, ademais de dar unha elegancia indiscutible a calquera look”. E engade que “este outfit, ao estar composto por tres pezas, clásicas e á vez contemporáneas, da a posibilidade de combinalas entre si, obtendo looks máis o menos arriscados, dependendo de cada personalidade”.

Carla Méndez, con raíces familiares na Pontenova e en Mondoñedo, asegura que se presentou ao concurso tras ver uns folletos informativos na facultade de Belas Artes e despois de escoitar á organización. Esta moza estudante conta que “aínda que estudo Belas Artes, xa desde pequena me gustaba coser e deseñar roupa, de feito fun un tempo a clases de costura e confección en Ribadeo xa fai uns anos. Empecei por facer un boceto para presentalo o antes posible, mentres eu mesma confeccionaba o look. Pedín prestado a un amigo un maniquí de costura, e coa miña máquina de coser púxenme mans a obra. Fun adaptando o meu tempo para facer os traballos da facultade e poder coser eu soa todo o deseño”.

Ademais de elaborar o deseño e a confección, Carla Méndez García tamén se converteu en modelo da súa propia creación: “o tempo para realizar este proxecto foi moi xusto, polo que xa de lanzarme… lanceime de todo. Por iso eu mesma me puxen como modelo para facer as fotos do traxe, e con axuda dunha compañeira organizamos unha sesión de fotografía nas inmediacións do Palacio Real”.

Os que desexen ver o deseño completo de Carla Méndez García e apoiala cos seus votos poden facelo a través do seguinte enlace: http://fashionacademy.fashionacademy.es/#/votes.

Exit mobile version