Site icon Crónica3.com A Mariña

A USO de Alcoa San Cibrao reivindica unha prexubilación anticipada e negociada como se fixo no 2004 como alternativa á perda de postos actual

San Cibrao, 9 de novembro de 2015.- Desde a USO comprobamos que continuamente se están eliminando postos de traballo sen ningún control por parte dos Comités de Empresa e onde dá lugar a que se subcontraten ditas tarefas a outras empresas. Ante a falta de información por parte da empresa e o anunciado aumento de recortes de produción que dan lugar a pechar algunhas das súas fabricas en Estados Unidos, en mal menor sería unirse os comité de empresa das fábricas de Coruña, Avilés e San Cibrao, e así obrigar a iniciar unha negociación onde poñan sobre a mesa as verdadeiras intencións posto que na situación actual non ten lóxica que estean dúas fabricas a pouco máis do 65% da súa produción porque iso encarece os custos de produción nuns tempos que segue baixando o prezo do aluminio.

O deixar á empresa que actúe en solitario non vai evitar males maiores, pero si negociamos unha saída controlada, como xa se fixo no 2004, poderemos marcar o punto mínimo de persoal e que os traballadores que veñen das outras fábricas, veñan con todos os seus dereitos en lugar de liquidalos en orixe para empezar aquí con salarios máis baixos.

UGT e CCOO, que teñen representación nas tres fábricas están funcionando por libre en lugar de favorecer a unión das tres para facer máis forza ante a empresa.

Exit mobile version