Site icon Crónica3.com A Mariña

Acisa Ribadeo contará durante un ano con dous xóvenes traballadores a través do programa Ben Empregado 2 da Deputación

191115 Foto trabajadores  Acisa 2Ribadeo, 19 de novembro de 2015.- Dous xóvenes traballadores incorpóranse a Acisa Ribadeo durante un ano a través do programa Ben Empregado 2 da Deputación Provincial de Lugo.

Trátase dunha moza e dun mozo: Arancha Lousas e Jesús Pérez, que “estarán a ofrecer apoio á oficina de Acisa e achegarán toda a información do colectivo aos seus asociados, visitarán os establecementos comerciais e hostaleiros, atenderán as súas dúbidas e as súas queixas e colaborarán con eles en todo o que precisen”, explicou o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Francisco Iriarte, que subliñou que “do que se trata é de dar un mellor servizo e de máis calidade a todos os nosos socios”.
A xerente de Acisa e do Centro Comercial Aberto, Xana Arias, engadiu que “o que queremos é ser e estar máis visibles na rúa, entre os nosos asociados”.

Exit mobile version