Site icon Crónica3.com A Mariña

Acisa Ribadeo estudará a modificación da ordenanza reguladora das terrazas hostaleiras prevista polo Concello

Ribadeo, 11 de novembro de 2015.- Acisa estudará a modificación da ordenanza reguladora das terrazas hostaleiras, que o Concello someterá a aprobación en pleno este xoves.

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos explica que “fai algún tempo mantivemos unha reunión no Concello para falar deste asunto, das terrazas. Nós somos partidarios de que se delimite a zona que ocupan e tamén consideramos que aqueles negocios que non podan compatibilizar o paso dos peatones pola beirarrúa coa instalación dunha terraza teñan a posibilidade de colocala ocupando prazas de aparcamento, para poder beneficiarse do mesmo xeito que o resto dos hostaleiros que contan con este servizo”.

Acisa destaca que “estudaremos a modificación que o Concello leva mañá ao pleno e se é necesario presentaremos as alegacións que consideremos oportunas”. A directiva de Acisa engade que “desde esa reunión que tivemos no Concello non volvemos ter noticias da modificación da ordenanza ata que se deron a coñecer os asuntos desa sesión plenaria”.

Exit mobile version