Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA Ribadeo súmase aos actos organizados polo Concello na celebración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero

Ribadeo, 16 de novembro de 2015.- A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos sumarase aos actos organizados polo Concello o próximo 25 de novembro, día internacional para a eliminación da violencia de xénero.

Desde Acisa explican que “queremos estar moi presentes nos actos programados polo Concello de Ribadeo. Queremos poñer o noso gran de area na loita contra esta lacra, que día a día nos segue conmovendo”.

Acisa remitirá unha circular aos seus asociados e asociadas para que se sumen á campaña “colocando carteis nos seus locais comerciais e lucindo as chapas identificativas da xornada. Ademais animámolos a participar na cadea humana que terá lugar o propio 25 de novembro, entre as 12 e as 13 horas, nas inmediacións do Concello de Ribadeo”.

A directiva de Acisa destaca que “todos os asociados que queiran participar na campaña o único que teñen que facer é comunicárnolo vía correo electrónico ou chamando por teléfono ao 982 120 565”.

Exit mobile version