O sábado participaron na Carreira dos 12 Pontes de Vegadeo; e a pesar de non ser competitiva as súas balas colmaron as primeiras posicións de todas as categorías.
E o domingo voaron a Ferrol para disputar a prestixiosa 3ª Popular contra o Cancro con máis de 2000 atletas en parrilla.
Ainara Rodríguez gañaba os 1000 cun tempo de 3,41 con absoluta comodidade a proba infantil. Triunfo ademáis para Iria Rodríguez nos 500m. con 2,07 en benxamín. Competiron tamén en alevín Carmen García(6ª) e Ian Méndez(7º) e en benxamín Henar Méndez(4ª) e Emma García(8ª).